Catro estudantes da Escola de Idiomas de Lugo crean unha asociación para impulsar a cultura portuguesa

Noticia publicada en La Voz de Galicia.

Catro estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Lugo decidiron impulsar un colectivo para todos aqueles que teñan interese na cultura e na lingua portuguesa. Con Terras Irmās pretenden ofrecer un espazo para dar a coñecer as tradicións do país veciño, mellorar a nosa conexión con el e tamén poñer en valor a nosa propia lingua e mellorar a situación que atravesa o noso idioma. 

Trátase dunha asociación aberta, que estará presidida por Carmen Lomba, e que se dirixe ao ámbito galego. Poderán participar todos os interesados sen necesidade de estar matriculados na EOI de Lugo. Como primeira actividade xa teñen prevista unha viaxe para o día 28 a Monção.

Os que queiran darlle unha oportunidade a esta proposta poderán realizar unha visita a unha bodega e unha cata de viños nesta vila portuguesa situada no distrito de Viana do Castelo e que é coñecida pola súa cultura vinícola e as súas augas termais. «A idea é pasar alí o día. A excursión está aberta a todos os que se queiran animar», contan os impulsores.

Esta será o punto de partida das distintas actividades de tipo cultural que pretenden impulsar dende a agrupación. A presentación oficial do colectivo será este xoves na Escola Oficial de Idiomas de Lugo a partir das 20.00 horas. Nesa misma xornada, os os que así se desexen tamén se poderán inscribir e facerse socios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *