Presentación da Asociación Terras Irmãs

Este xoves 20 de febreiro ás 8 da tarde presentarase na Biblioteca da Escola Oficial de Idiomas a Asociación Terras Irmãs.

Celebra connosco o nacemento desta asociación na EOI de Lugo, onde se servirán uns petiscos ao finalizar o acto.

Ademais darase a coñecer como actividade inaugural unha viaxe que faremos o próximo venres 28 de febreiro a Monção, onde visitaremos e descubriremos como é unha adega tradicional portuguesa, coñeceremos Monção e disfrutaremos dun xantar típico portugués.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *